VOCES EN FEMININO
MULLERES
Volve o ruído de tacóns
clac, clac, clac,
percutindo no peito
clac, clac, clac.
Volvo poñerme o disfrace de mai
embaixo o camisón dos peitos caídos.
Engúrraseme o corpo e prefires pechar os ollos.
Es dos que aínda non percibes
a beleza roubada dunha man que cheira a lixivia,
nin o corazón latexando
como o calor
que desprende un forno.
Facemos gala dos nosos trucos
cando cambiamos cueiros
sen que a merda nos salpique.
Fátima N. Delgado